Galope de Gish

O galope Gish (the Gish gallop) é unha estratexia retórica empregada nos debates que se centra en esmagar ao opoñente co maior número de argumentos posible, sen ter en conta a calidade, a veracidade ou a forza dos argumentos. Considérase un tipo de falacia ou metafalacia.[1] [2] O termo foi acuñado por Eugenie Scott e recibiu o nome do creacionista Duane Gish, quen utilizou a técnica con frecuencia nos debates sobre a evolución.[3] [4]

  1. "Gish Gallop: When People Try to Win Debates by Using Overwhelming Nonsense – Effectiviology" (en inglés). Consultado o 2020-10-14. 
  2. "(Pseudo-)Science Blog » Gish Gallop (fallacy of the day)". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2023. Consultado o 2020-10-14. 
  3. Scott, Eugenie (2004). "Confronting Creationism". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  4. "Debates and the Globetrotters" (en inglés). Consultado o 2020-10-14. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne